Carreira solidaria ALUCEM

O Club Deportivo Lugo e o  Club Baloncesto Breogán aunan forzas xuntos para axudar a ALUCEM

 

Os pasados días 26, 27, 28 de maio o atleta Óscar Domínguez asumiu o reto de correr durante 48 horas arredor da Muralla Romana de Lugo co fin de recaudar fondos para axudar a Asociación Lucense de Esclerose Múltiple para sufragar as súas iniciativas.

O Club Deportivo Lugo e o Río Breogán  colaboraron con ALUCEM aportando os seus fisioterapeutas para atender as necesidades do atleta na sua aventura. De tal xeito que  Pablo Duarte, Alberto Alvárez, do Breo, e Ricardo Pérez Espinar do Club Deportivo Lugo estiveron pendentes do seu estado físico, ca coordinación do Doctor Luis Coira.

O programa Xuntos da Man, iniciativa de CD Lugo e Río Breogán, en colaboración coa Área Deputación Provincial de Lugo, ten entre os seus obxectivos achegar os valores do deporte a os deportistas e colaborar cas causas solidarias que pagan a pena 

Image