Acto entrega de balóns campaña Xuntos da Man

No Pazo Provincial dos Deportes de Lugo procedeuse a entrega de balóns do programa "Xuntos da Man"

 

pechada grande

O Club Deportivo Lugo, Río Breogán e a Área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo procederon a entrega dos balóns da campaña "Xuntos da man"  que pretende  fomentar a actividade deportiva e os hábitos saudables entre os escolares da provincia de Lugo.

Nesta primeira quenda entregaránse balóns, tanto de fútbol como de baloncesto,  a representantes das ANPAS ou dos centro educativos que participaron no programa : CEIP de Quiroga, CEIP Manuel Mallo Mallo de Nadela, CEIP Rosalía de Castro Lugo,  CEIP Anexa Lugo, Colexio Franciscanos Lugo, CEIP Plurilingüe de Monterroso, CEIP Paradai, CPR María Auxiliadora Lugo, CPR La Inmaculada Maristas, CEIP Sagrado Corazón de Lugo, CPR Plurilingüe Nosa Señora da Asunción Sarria, Virxen do Corpiño Begonte e CEIP Tino Grandio de Guntín que recolleron o material da man do Deputado de Deportes da Deputación de Lugo, Efrén Castro, da Concelleira de participación  e servicios para a vecindade do Concello de Lugo,   Cristina López, e  dos representante do CD Lugo e CB Breogán.

A campaña segue aberta coa finalidade polo que os centros que o desexan poden solicitar  a través do formulario de inscrición dispoñible en xuntosdaman.gal calquera das actividades que se propoñen.  A recepción de balóns, cartelería e trípticos, a participación no programa de visitas a centros escolares ou a asistencia aos partidos do CD Lugo e o Río Breogán.

As solicitudes atenderanse tendo en conta a data de inscrición:

 

FORMULARIO DESCARGA

 

Image