Oriol Comas adestrando equipo Minicopa

Oriol Comas participou do cuarto  adestramento do combinado lucense antes da Minicopa

oriol adestrando
O técnico axudante do Breogán foi o adestrador durante a cuarta sesión de traballo do combinado provincial que representará ao Breogán e a Lugo na Fase Previa da Minicopa Endesa en Valencia.
O técnico, ca presenza dos adestradores do equipo, Sisenando Peino e Paula Ahuja, que representará o Breogán na Minicopa de esta edicción,  incidiu nalgúns axustes defensivos e aspectos concretos que serán, sen dúbida, importantes para que os rapaces lucenses amosen o mellor carácter competitivo na importante cita estatal.
Na charla final, Comas desexou aos rapaces sorte e indicoulles a importancia de competir pero tamén de gozar cunha experiencia que, seguro, non esquecerán nunca, competindo con equipos das mellores canteiras de España.

Esta visita forma parte do programa de patrocinio da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo co CD Lugo e o Río Breogán  da campaña "Xuntos da man" para fomentar a actividade deportiva e os hábitos saudables

b Oriol xuntos

Image