Adestramento do combinado lucense

Segundo adestramentos do combinado da Provincia de Lugo na cancha do Anexo o Pazo Provincial Deportes Lugo.

javier muñoz adestramento combinado lucense
O adestrador Javier Muñoz do CB Breogán dirixiu o adestramentos do combinado de xogadores que saíron da preselección de deportistas procedentes de tódolos clubs de base da provincia de Lugo.

O equipo resultante é o representante do CB Breogán en torneos a nivel estatal organizados pora ACB e a Federación Española de Baloncesto ca dirección técnica dos Adestradores Seleccionados polo Río Breogán para este evento Sisenando Peino e Paula Ahuja..
A participación máis salientable do combinado lucense do Breogán é a Fase Previa da MiniCopa Endesa na que o combinado lucense, vestindo as cores e representando á Provincia de Lugo, compite con equipos representantes doutros equipos participantes na máxima categoría do baloncesto estatal: a ACB. Este torneo ten in importante seguimento de medios estatais e dos oficiais da LIGA ACB, emitindo os partidos en directo por canles dixitais e facendo aos xogadores e técnicos partícipes de actividades paralelas de carácter solidario e de concienciación como a loita contra o Bulling ou a reciclaxe.

Esta visita forma parte do programa de patrocinio da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo co CD Lugo e o Río Breogán  da campaña "Xuntos da man" para fomentar a actividade deportiva e os hábitos saudables

a javier muñoz xuntos

Image