Xuntos da man no Polvorín

Visita a Escola de futbol do Polvorín.

O "Campo Municipal de A Polvoreira" recibiu na tarde de hoxe a visita dos xogadores de CD Lugo, Sebas Moyano e Chris Ramos e do Río Breogán Sergi Quintela e Jordan Sakho, na que os xogadores da Escola de Fútbol Polvorín recibiron de primeira man información sobre a importancia da práctica do deporte e dos valores que leva consigo.
Río Breogán, CD Lugo e a Área de Deportes da Deputación Provincial de Lugo desenrolan conxuntamente o proxecto "Xuntos da Man", no que, entre outras actuacións están a visitar colexios e clubes de base de Lugo.

Os cativos recibiron o tríptico da campaña "Xuntos da man" onde se repasan os obxectivos referentes o comportamento individual e colectivo.

Image