Máximus e Nabic, Xuntos da man pola infancia

 A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, o CD Lugo e o Río Breogán poñen en marcha a campaña "Xuntos da man" para fomentar a actividade deportiva e os hábitos saudables      

As mascotas de Río Breogán e CD Lugo, activos importantes dos valores de proximidade dos clubs cos máis pequenos O programa Xuntos da man, impulsado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, ten entre os seus obxectivos difundir os valores positivos do deporte, o traballo en equipo e a solidariedade. As mascotas de CD Lugo e Río Breogán, coa súa simpatía, son dous polos de atención importante para os máis pequenos. Actuando, ben conxuntamente, ou ben individualmente, Nabic e Máximus están presentes tanto nos partidos disputados no Anxo Carro como no Pazo Provincial dos Deportes, como en actividades sociais e solidarias en centros educativos, celebracións e iniciativas de asociacións e clubs deportivos de diversas disciplinas. Desde CD Lugo e Río Breogán trabállase para que as súas mascotas, recoñecidas pola súa simpatía e popularidade tanto en Lugo como fora, difundan os valores que acompañan tamén aos deportistas e doten de sentido do humor e diversión os espazos que comparten cos máis pequenos e coas familias. Nabic e Máximus son protagonistas en algúns dos vídeos do programa Xuntos da Man, no que sempre se rodean dos máis pequenos. Son unha atracción para que nenos e nenas teñan máis razóns para asistir aos eventos e contornas deportivas, como espectadores de un gran espectáculo, que simboliza os valores de traballo en equipo, esforzo e vida saudable. Como nos gusta ao meu amigo Nabic e a min rodearnos de xente miúda!

A actividade  enmarcase dentro do programa de patrocinio da área de deportes da Diputación de Lugo co  CB Breogán na procura da promoción do deporte e hábitos saudables entre os máis xóvenes.

Image